Os libros arden mal. Un roteiro pola Coruña con Manuel Rivas.

  •  Manuel Rivas (@Rivasbarrs).
  • Primera edición: marzo de 2015 (esperando que se repita).
  • Nota: 10/10.

Este post non é a reseña ou a crítica dun libro que lin hai uns anos. É o relato dun paseo que forma parte de A Coruña Literaria, unha iniciativa que permite achegarse e coñecer a cidade a través da literatura con visitas guiadas polos seus escritores e escritoras. Esta edición comezou en Porta Real, con Manuel Rivas e a súa novela Os libros arden mal. Desde alí vense a Mariña e a Praza de María Pita, escenarios do suceso que lle dá nome á novela: a queima de libros organizada polos falanxistas un mes despois do estalido da Guerra Civil en 1936.

IMG_20150314_235830

Este episodio representa unha alegoría da fin do sono liberal dunha cidade que ten como patrona a unha muller que loitou contra os ingleses e que tiña como festas o Entroido e as fogatas polo San Xoán. Na que a única festa actual de tinte relixioso, o Rosario, perdeu o seu festivo local en favor do San Xoán.

IMG_20150314_122014IMG_20150314_235555

Manuel Rivas presenta na novela, centrada nos días posteriores ao comezo da Guerra Civil e no contraste coa época xusto anterior, unha Coruña liberal, moderna e progresista. Onde as Irmandades da Fala eran mixtas e coa primeira escola onde se impartía clase íntegramente en galego, tamén mixta. Chea de arquitectura modernista e que vivía aberta ao mar. Tamén en Porta Real rememorou o episodio no que os militares sacaron a artillería ao Parrote e dispararon contra o edificio do Goberno Civil. Así como a desaparición do libro do escudo de armas da Coruña e os asasinatos da bibliotecaria Juana Capdevielle, do seu marido Francisco Pérez Carballo (gobernador civil) e do alcalde republicano Suárez Ferrín.

Desde Porta Real, achegámonos cara o teatro Rosalía para escoitar un fragmento sobre as librerías que naquela época enchían a rúa Real.

IMG_20150314_125652

Nos xardíns de Méndez Núñez, baixo a escultura a Curros Enríquez, imaxinamos un paseo ao carón do mar, onde o actual NH Atlántico era o Hotel Atlantic (propiedade da familia de Casares Quiroga e espoliado durante a contenda), modernista e con tres plantas. En lugar do mamotreto do Copacabana había un cinematógrafo e todos os edificios que estaban ao lado do mar estaban cheos de cristais e galerías. Tras ler un episodio ambientado no obelisco protagonizado polo pintor Urbano Lugrís, continuamos pola rúa Nova cara San Andrés, para deternos diante da Igrexa Castrense.

IMG_20150314_133514

Alí, falamos sobre o asociacionismo dos traballadores durante os anos trinta na Coruña, no que as mulleres tiveron un papel moi relevante, e sobre o cambio de nome da actual rúa Juan Canalejo (fundador da Falange na Coruña), anteriormente rúa do Socorro. De camiño cara o final do roteiro na Casa de Sol, Manuel Rivas parou para lernos unha nota da entrada da policía franquista nos locais da Logia Masónica sitos no antigo cine Hércules, onde se acusaba aos masóns de “someter” aos seus membros á tarefa de “reflexión”.

IMG_20150314_134951

Fixemos unha parada no que queda da antiga biblioteca Xerminal e rematamos o percorrido na Casa de Sol que, ademais de ser ximnasio nos anos trinta, tiña un pequeno consultorio para as mulleres que exercían a prostitución no Papagaio.

IMG_20150314_135441

Manuel Rivas propúxonos un percorrido por unha cidade viva, dinámica, chea de actividade cultural que esmoreceu durante os corenta anos de dictadura e que sufriu duramente a represión durante a guerra e a postguerra.

Por sorte, os libros arden mal.

Se che interesa a historia contemporánea da Coruña, deixo aquí unha lista con algunhas das cousas que fun atopando logo do paseo:

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s