Roteiro pola Coruña mariñeira con Xurxo Souto

A cidade é un libro que se le camiñando

Agustín Fernández Paz

Así comeza un roteiro literario pola Coruña da man de Xurxo Souto organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O primeiro nome deste roteiro (o oficial) era Ulysses Fingal, seudónimo do pintor Urbano Lugrís e que une ao heroe da Odisea e navegador do mundo co heroe gaélico. O segundo nome, Milucho Mariñas, é o dun percebeiro  dono da sabiduría do seu gremio: os nomes da xeografía do mar.

IMG_20150516_122340Comezamos a ruta falando do desaparecido Castelo de San Amaro, onde agora se erixe o actual Club de Mar, ao carón da praia onde morreu afogado o poeta Aurelio Aguirre. Prácticamente abandonado nunha esquina, está o antigo Club de Mar. Construído durante os anos da República, O edificio non só era un centro de ocio, xa que tiña, por exemplo, duchas nunha época na que a auga corrente non era moi común no barrio.

Dende aí, coa lenda de San Amaro (a búsqueda da illa da felicidade que tanto recorda á historia de San Brandán) e guiados por un Xurxo Souto vestido de Bravú e coa habilidade dos mellores contacontos, comezamos un percorrido por unha das zonas máis bonitas e máxicas da cidade ao son da corna e das lendas do mar.

IMG_20150516_124144Camiñamos por diante do Cemiterio da Garda Moura de Franco, reconvertido na “Casa das Palabras”, e un pouco máis aló, o monumento de Isaac Díaz Pardo aos fusilados no Campo da Rata. Enfrente, ao outro lado da ría, Mera. Dende onde cada noite oían os fusilamentos. Paramos no “Cabalo de Pragueira” (conxunto de rochas que recibe o nome da pesca do prago, pargo en español), dende onde se divisaba perfectamente a famosa Marola (“Quen cruzou a Marola, cruzou a mar toda“).  Falamos de Emilio González López, dignatario da II República e orixinario dun barrio mariñeiro da Coruña, que se dedicou ao estudio dos paxaros en New York e que tén unha placa nunha árbore de Central Park. E do nome que os mariñeiros da Coruña tiñan para o seu mar: o mar de María Antonia, dona dunha tenda en Santa Lucía, preto de Juan Flórez, que abría vintecatro horas. Chegar á María Antonia era como chegar á casa.

Sentados a carón do mar, fomos lembrando os naufraxios da ría da Coruña. “Esta cidade ten algo de punky”, dicía Xurxo Souto, “os rapaces de Montealto, para ver efectos artificiais, non tiñamos máis que asomar á fiestra”. Primeiro, a choiva IMG_20150516_132135negra do petroleiro Urquiola, que entrou cando baixaba a marea rozando nas Acentes, e saíu cando estaba todavía máis baixa, coas coñecidas consecuencias. Despois, (tralo naufraxio do Casón na Costa da Morte) ardeu o mar co Mar Exeo, que embarrancou nos Coitelos cubrindo a cidade de fume negro (a pesares das inspiradas declaracións do alcalde: “Tranquilos, coruñeses, el humo va para Ferrol”). Pouco despois, morreu o mar co naufraxio do Prestige.

O máis importante do roteiro son os nomes: a Marola, o Cabalo de Pragueira, as Acentes, os Coitelos, o Boi e a Vaca, o Campo da Rata, o Xogadoiro, o Gaivouteiro, a Furna dos Touciños (non de grasa, senón de touza), a Punta do Xanrei (nome que vén da pesca do camarón), o Monte dos Bicos (polos acantilados), a Rabaleira. E a praia do Areal, onde se collía area para limpar o chan e as escaleiras. Hoxe, praia das Lapas. Segundo Souto, invención do alcalde xa mencionado (o nome viría de “las llamas del faro”).

Rematamos á ruta ao chegar á Torre. A modo de despedida, un grito de guerra. Comeza cun O, e, como unha onda, vai collendo velocidade co R. Empeza a saírlle escuma no Z. E bate contra as rochas co Án: Ooooorrrrzán.

IMG_20150516_130930

Galiza coma fin da terra. E coma centro do mar.

Ademáis dos enlaces espallados no texto, aquí deixo algún máis:

  • Mapa das Pedras do Mar da Torre.
  • Galicia Encantada, Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia.
  • Xurxo Souto cos Diplomáticos de Montealto no Xabarín
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s